Martes 18.06.2019

"O planetario viaxeiro" chega a Bande

Unha cúpula na que os rapaces se introducen para ver as estrelas dende o propio universo

O Concello de Bande instalará dende este luns dia 8 unha cúpula con capacidade para 15 nenos na que se proxectarán vídeos do firmamento para que a sensación sexa de inmersión total no medio.

Haberá  4 pases  cada día, as 11,12, 16 e 16:30. A entrada será de balde para todos os que se acheguen ata as instalación da biblioteca Municipal.

HOXE DOMINGO ESTARÁ NO MERCADO DO SURES.

bande2Hoxe día 7 de abril a cúpula estará instalada no Mercado do Xures e haberá pases as 11:30,12:00e 12:30 para ver a proxección que leva o título de “A nena que sabía camiñar ao revés”. A entrada será gratuíta e haberá que recoller a invitación no propio Mercado.