Dende a Limia
08:34 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Premiados dous rapaces de Bande no certame Tíralle da Lingua de relato oral

O. Ferreiro | 02 de Mayo de 2017 (22:19 h.)
Paula Senaz Feijóo, segunda clasificada na súa categoría.
Paula Senaz Feijóo, segunda clasificada na súa categoría.

Dous alumnos do IES Aquis Querquernis de Bande resultan premiados no concurso de relato oral Tíralle da Lingua, disputado a semana pasada no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Paula Senaz Feijóo conseguiu o segundo posto na categoría de primeiro ciclo da ESO; e na de segundo ciclo da ESO e primeiro de Bacharelato, Óscar Paz Almeida levou o primeiro.

Na categoría de primeiro ciclo da ESO, Paula Senaz Feijóo conseguiu o segundo posto; e na de segundo ciclo da ESO e primeiro de Bacharelato, Óscar Paz Almeida obtivo o primeiro posto. O IES Aquis Querquernis presentou á final a outras tres alumnas –Andrea Alonso Pérez, Lucía Feijoo Quintas e Irene Montes Bustos– que tamén realizaron un gran papel.

IMG_5224

Está foi a decimoséptima edición deste certame organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), na que participaron centros das catro provincias galegas e na que dous alumnos deste centro banduense volveron quedar entre os primeiros clasificados, logrando premios en dúas categorías diferentes.

Xa non é a primeira vez que este rapaces da Baixa Limia triunfan neste concurso, pois xa nas pasadas edicións, os alumnos de Bande Andrea Álvarez Penín e Ares Lamas gañaran nas súas respectivas categorías no 2015 e o 2014, respectivamente. Desde o 2012, o centro da Baixa Limia logra sempre primeiros ou segundos postos.