Dende a Limia
03:37 h. Lunes, 20 de Febrero de 2017

O PSdeG de Bande pide melloras na estrada que vai a Xinzo

O. Ferreiro | 11 de Enero de 2017 (22:20 h.)
Imaxe da rotonda onde comeza a estrada.
Imaxe da rotonda onde comeza a estrada.

O grupo municipal do PSdeG do municipio limián de Bande presentou unha moción para debater no próximo pleno municipal na que reclama melloras na estrada que vai desde esta localidade a Xinzo de Limia.

Segundo o voceiro socialista, Constantino Rivera, esta vía "carece de sinalización", á vez que propón que se consulte e alcance un "acordo cos veciños para que o organismo correspondente proceda a realizar un novo trazado que elimine todas as curvas perigosas", facendo desta forma a circulación "máis cómoda, máis fluída e menos perigosa".