jueves 14.11.2019

Rematou a feira de produtos endóxenos celebrada en Bande

Moito público e sobre todo moitas vendas

Gastroneta de Mario
Gastroneta de Mario

Case todos os expositores da feira de produtos endóxenos da Limia estaban satisfeitos na tarde de hoxe en que se pechaba a feira.

Tres foron as casetas máis visitadas da feira. Quizás porque eran as que ofrecían produtos da terra para comer e degustar, e lóxicamente tamén pola calidade dos seus produtos.

O primeiro deles foi a de EIDOS DE IRIA, que ofrecía o seu produto estrela o aceite de oliva virxe de oliveiras do Xures, ademais de Abavides, Verín e Ribeira Sacra. Segundo nos IMG_20190813_200234

comentou o seu propietario a vez que produtor Eidos de Iria, é  un aceite de oliva virxe extra galego.  Cando se pensa, escríbese ou se fala sobre o aceite de oliva virxe extra ( AOVE), o último lugar que vén á cabeza sobre onde se produce este produto é en Galicia… e con todo, do mesmo xeito que as ‘ meigas’,” habelas hainas” ; non moito, certamente, pero haino , e o que hai é de gran calidade.

IMG_20190813_200008

Outra das  casetas máis  visitadas foi a dás conservas María Tola, xa cun nome no mercado,  e que dende Bande ofrece esquisiteces  que cumpren as súas premisas fundamentais de calidade, creatividade, tradición e sobre todo respeto polo medio ambiente.

E a última visita antes de abandonar a feira era a visita obrigada  a Gastroneta de Mario cuxas “galeguesas” son famosas en toda a nosa terra, tendo que agardar a cola, como se pode comprobar na foto de dendealimia.com

IMG_20190813_200301

IMG_20190813_200337