Dende a Limia
16:11 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

O alcalde dos Blancos é recibido pola delegada da Xunta

| 14 de Febrero de 2017 (21:27 h.)
José M. Castro e Díaz Mouteira.
José M. Castro e Díaz Mouteira.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco, para coñecer as principais preocupacións do seu municipio en relación á actividade da administración autonómica. Díaz Mouteira continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos da provincia de Ourense, de cara a escoitar aos responsables municipais e analizar as súas demandas.