Dende a Limia
15:02 h. Martes, 17 de Octubre de 2017

Arranca a segunda edición do festival Reina Loba en Os Blancos

Patricia F.S | 08 de Agosto de 2016 (13:47 h.)

    A asociación cultural Espacio Matrioska organiza un ano máis o festival Reina Loba, un encontro cultural en plena natureza. Durante tres días Os Blancos encherase de música, arte, artesanía e gastronomía dende o xoves 11 ata o sábado día 13. 

A programación para esta nova edición contará coas actuacións de Pedro Pastor, Alpargata, Club del río, Habelas Hainas, Papawanda, Paradoxus Luporum, Mundo Chillón, El sombrero del Abuelo, The Horny Reptile Orchestra, Tongo, Cel-Ticos, Balkan Paradise Orchestra, Virandeira Folk, Sin Konzienzia, Sambusa, Iris Treble, Banda de Gaitas de Os Blancos, Javirromasyeye, Ombligo, Menhir, Cuartetos Tradicionales, MTRSK DJ Set, Brigada A.M. Sound System e Undermad. Todos os concertos son de balde. 

Moita música que se vai complementar con talleres artísticos, xogos tradicionais e mesmo un xantar popular. Todo estará centrado na ecoloxía e con tal fin o espazo contará cos denominados baños secos que no canto de usar a auga da cisterna, botan man de serrín. Todas as normas que se deben cumprir neste festival alternativo e ecolóxico poden consultarse no manual do Reina Loba dispoñible en Internet. 

Dende a organización do evento puxeron en marcha a través das redes sociais un "blablatrioska". A intención é por en contacto ás persoas que se acheguen ata Os Blancos para que poidan compartir gastos de desprazamento.