Dende a Limia
05:52 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Os Blancos celebra mañá o pleno sobre a cesión de servizos á Deputación de Ourense

O. Ferreiro | 19 de Diciembre de 2017 (23:43 h.)
Casa do Concello dos Blancos.
Casa do Concello dos Blancos.

O Concello dos Blancos celebra mañá mércores, ás 13:30 horas, unha sesión plenaria moi especial. Nela debaterase sobre a proposta de dispensa de servizos que a Deputación de Ourense activou trala situación de débeda do municipio e a consecuente petición de axuda do alcalde popular do consistorio limián.

O pleno celebrarase na Casa do Concello de Os Blancos.

Agárdase grande expectación mediática neste pleno no que se aprobará a cesión dos servizos ao organizamo provincial para paliar a situación económica do concello.

O pleno celebrarase na Casa do Concello de Os Blancos, situada na Rúa José Luis Baltar, número 17.