Dende a Limia
03:41 h. Lunes, 20 de Febrero de 2017

Os Blancos segue sendo o concello máis moroso de España

| 10 de Octubre de 2016 (13:01 h.)

    O Concello de Os Blancos acumula facturas pendentes de pago que o converten no municipio con máis débeda de España, segundo recolle o Ministerio de Facenda. 

As Administracións teñen un prazo de 30 días para aboar os seus recibos, tal e como recolle a Lei de Morosidade. No caso de Os Blancos o seu periodo medio de pago é de 763 días, arrastrando unha débeda de 2,3 millóns de euros a 31 de decembro de 2015. 

O rexedor, José Manuel Castro, destacou en numerosas ocasións que esta situación débese a unha herdanza do anterior goberno. 

Por outra banda o Ministerio de Facenda recolle que Sandiás, Vilar de Santos e Entrimo son os concellos da Limia que a finais de xuño non tiñan ningunha factura pendente de pago.

Baltar, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio teñen pagos por efectuar, así as cousas serían pequenas cantidades que se sitúan por debaixo dos seis díxitos.