Dende a Limia
19:40 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

O concello de Os Blancos acolle un dos campamentos máis longos da contorna

Patricia F.S | 05 de Julio de 2016 (18:25 h.)

    Os nenos e nenas de Os Blancos poderán gozar da VI edición do campamento de verán. Dende o 4 de xullo ata o 31 de agosto, están programadas multitude de actividades que terán lugar no colexio público e nos arredores. 

Os participantes teñen a oportunidade de participar en actividades en plena natureza como andainas, xogos tradicionais, actividades de orientación ou xogos con auga. Tamén hai espazo para as actividades musicais, outras sobre o lecer ou consumo e relacionadas coa arte no Espazo Matrioska. Os talleres estarán dirixidos polos monitores calificados,  Daniel e Lorena.

Unha ampla oferta de talleres dirixida ós pequenos con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos. O horario é de 9.30 da mañá a 13.30 de luns a venres. 

Os que desexen anotarse poderán facelo en calquera momento durante os meses de campamento e deberán dirixirse ás dependencias do concello. 

Os prezos varían en funcións dos días que se desexe participar na actividade. A contía por semana é de 15 euros un fillo, 25 dous. Por quincena o prezo é de 30 euros por fillo, 50 dous. Se desexan anotar ós cativos un mes deberán aboar 60 euros por un fillo, 100 os dous. Mes e medio custa 80 euros fillo, 130 os dous.

O campamento enteiro, dous meses, ten un prezo de 100 euros por fillo, 160 por dous.