Dende a Limia
16:28 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

A Deputación asume os servizos básicos do concello de Blancos

| 20 de Diciembre de 2017 (23:49 h.)
Imaxen do Pleno
Imaxen do Pleno

Onte mércores día 2º o Concello dos Blancos celebrou unha sesión extraordinaria, non solo por a convocatoria si non por unha situación realmente extraordinaria.

Segundo aparecía no punto da orde do día o Concello  aprobou a “Dispensa de Servizos”  que dende agora pasarán a mans da Deputación Provincial a partir de que esta na sesión plenaria deste venres aprobe o facerse cargo dos mesmos, iso si previa autorización da Xunta de Galicia.

PLENO EXTRAORDINARIO E TENSO

José Manuel Castro alcalde dos Blancos escenificou o que todos entenden que é unha intervención do Concello. Nunha sesión plenaria a que acudiron representantes provinciais do PSOE o alcalde tratou de explicar como quedaba a situación do Concello a partir da entrada en vigor do acordo, para o primeiro cuatrimestre segundo as súas propias palabras, cuestión que fixo que non solo a única representante da oposición no concello, do PSdG-PSOE intervirá, se non que a punto estivo o alcalde de mandar desaloxar a sala na que estaban reunidos a corporación, por as intervencións do público asistente, segundo o propio  José Manuel por interromper as súas aclaracións e por acusalo de pouco demócrata.

A Deputación farase cargo dun traballador do concello e prescíndese da secretaria, unha vez que as labores que facían estas dúas persoas, son ah¡gora asumidas polo ente Provincial.

Esta medida pode durar dende os 2 aos 10 anos, aínda que todas as fontes consultadas concordan en que esta é realmente a primeira intervención dun Concello en Galicia e que esa intervención será definitiva.