Dende a Limia
23:03 h. Miércoles, 29 de Marzo de 2017

O Concello de Os Blancos tramita a construción dunha residencia de maiores

Patricia F.S | 01 de Septiembre de 2016 (11:09 h.)

    O Concello de Os Blancos está en proceso de asinar un convenio coa Consellería de Política Social co fin de por en marcha a construción dunha residencia. As instalacións vanse situar nunha finca de propiedade municipal, que se atopa na estrada de Calvos de Randín. 

Segundo fontes municipais, a residencia vai contar con 37 prazas das cales algunhas vanse reservar para o Centro de Día. Con todo o rexedor de Os Blancos agarda poder chegar a un acordo coa Consellería para que o edificio se use só como residencia. Xosé Manuel Castro destaca que deste xeito se aproveitarían máis as instalacións. 

A futura residencia de maiores vai ter un custe duns 800.000 euros sufragados pola Xunta e a Deputación de Ourense. Dará traballo a unhas 10 persoas e dende o Concello estiman que estará rematada e funcionando no 2018.