Dende a Limia
03:36 h. Lunes, 20 de Febrero de 2017

O río Airoa estrea ponte en Os Blancos

Patricia F.S | 21 de Septiembre de 2015 (22:20 h.)

    O novo pontón sobre o río ten 7 metros de luz libre, 3.5 de gálibo e 17 metros de lonxitude. Trátase dunha obra de paso sobre o Airoa que dá continuidade á estrada municipal que une Os Blancos e Nóveas. Esta vía de paso tiña danada a estrutura por mor das crecidas do caudal.

A nova construción conta con medidas de protección na zona do río mediante o uso de rollizos de madeira tratada que garantizan a estabilidade do terreo. 

A ponte ten un custe de máis de 117 mil euros dos cales a Deputación de Ourense aporta a metade e a Confederación Hidográfica Miño-Sil o restante, ademáis de encargarse das obras. O Concello de Os Blancos puxo a disposición os terreos precisos. 

As obras foron posible trala firma dun Protocolo de Colaboración entre Concello, Deputación e o organismo das cuncas no 2014.

A ponte xa está en uso dende a semana pasada.