Dende a Limia
00:16 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

O vigués acusado de queimar accidentalmente unha hectárea na Limia, en liberdade baixo fianza.

O. Ferreiro | 28 de Noviembre de 2017 (23:34 h.)
Edificio xudicial de Xinzo de Limia.
Edificio xudicial de Xinzo de Limia.

Tras un mes en prisión provisional, Miguel M. Pagou este martes a fianza de 2500 euros imposta pola Audiencia Provincial de Ourense e saíu finalmente de prisión. Trala súa detención, o xulgado de Xinzo impúsolle prisión incondicional sen fianza acusándoo de mostrar un "total desinterese" á hora de intentar apagar o lume, de "tratar en todo momento de esconderse" e aducindo "a súa conduta posterior de ocultación e falta de colaboración cos axentes da autoridade".

A defensa presentaba un recurso ante a Audiencia Privincial pola decisión do xulgado.

Sen embargo, pouco despois da súa detención diversos colectivos ecoloxistas emitiron un comunicado en defensa do acusado, no que destacaron a súa conducta axudando a apagar o lume e acudindo despois ó cuartel da Garda Civil para relatar os feitos e deixar os seus datos e dirección. Ademáis, defendían que se intentaba convertir a este antigo militante de organizacións verdes nun "chivo expiatorio" para desviar a atención sobre quenes teñen competencias na materia. 

A defensa presentaba un recurso ante a Audiencia Privincial pola decisión do xulgado, e esta decretaba a súa liberdade baixo fianza tras non apreciar risco de reiteración delictiva, destrución de probas ou de fuga, aínda que sen entrar a valorar se houbo erro na cualificación dos feitos. Tamén lle impón ao acusado a obligación de acudir cada 15 días o xulgado.