Dende a Limia
14:33 h. Jueves, 21 de Junio de 2018

30 anos facendo coroas , cruces, accesorios para flores de defunción

| 04 de Enero de 2018 (19:38 h.)
7
7

O sábado pasado asistimos a derradeira vez que Modesto Díaz se puña fronte a máquina para facer os fachóns que alumearán este ano o traslado do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza maior, para presidir o Entroido 2018.

AS MÁQUINAS QUEDARANSE NA LIMIA

Aínda que confesa que este será o último ano que fará os fachóns , dinos que as máquinas quedaranse na Limia, porque  quedárase  con elas un mozo, que pretende seguir co negocio.

TRINTA ANOS SENDO UN ARTESÁN DA PALLA

Era moi bo negocio, vendeu para case toda España, Madrid, Málaga, Santander etc.Agora ,  dende que se usa o centro de colgar, o negocio baixou, aínda que sigue tendo o seu nicho de mercado.

XA COMECEI TRABALLANDO CON MÁQUINAS

Cando  Modesto l empezou, xa o fixo con máquinas. Outros antes facíano a man. Estas son máquinas alemás, con todas as da lei. Hoxe non hai máquinas mais modernas.

Este negocio comezárono  o famoso “Pepe Hermes” e mais el, mellor dito con súa irmá. Aos sete meses seguín eu solo.

Meteuse neste tema despois de ver a un tal  Ovidio, que ten o negocio en Vigo, el xa finou .

Foi el quen trouxo  estas máquinas de Alemania. El traballaba alí neste sector facendo os aros.

Aquelas máquinas eran caseiras Nos fomos a mirar e por medio dun primo meu que estaba en Alemania, mandáronnos unha máquina e posteriormente a segunda.

Dende aquela, dedicouse a facer aros, cruces e demais soportes para coroas funerarias, e como non, fachóns para festas como a do Entroido

Que eu saiba en Ourense, non hai ninguén mais que se dedique a facer traballos coa palla. Hainos en Vigo en Mazaricos, en Lugo. O mais forte é da parte de Astorga e Asturias.

MAQUINA DE BOBINAS FEITA POR EL MESMO

6En principio tiñan que traer as bobinas de sedal dende  Alemania. Había que ir a por elas o porto en Vigo, polo tema das aduanas. Como isto era bastante molesto, púxose mans a obra e deseñou unha máquina, que aínda agora funciona, inventada por el, para facer as bobinas. Son case un 30% mais baratas, e o fío aínda é mellor.