Dende a Limia
14:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

CAFÉ CON… HECTOR CARBALLO

| 09 de Octubre de 2014 (18:45 h.)
Hector Carballo
Hector Carballo

Sendo un dos 4 millóns de espectadores que vemos cada semana a serie Isabel  cando me entero de que  o papel de Carlos VIII facíao un mozo de Trasmiras, faltáronme minutos para tratar de coñecelo”virtualmente” ata que chegara o momento de facelo  en persoa, para saber como un rapaz da Limia chega a Madrid para facer de Otelo no teatro e de Rey de Francia na serie de TV.

Grazas a facceboc e a unha das súas admiradoras,quedamos na cafetería Avenida de Xinzo para tomar, neste caso unha caña. Despois de ver a súa biografía, que para ter solo 29 anos, xa é bastante completa o encontralo foi moi fácil.

Alto, delgado, melena con coleta, guapo e cun sorriso continuo que fai que a conversa con él sexa un pracer.

Conta que con 10 anos trasládase a estudar a Ourense o colexio S.PioX e da mau dun antigo cura de Xinzo  (Luis) comezou a facer actuacións no colexio. “A él débolle o ser actor”

Ós 13 anos métese no grupo de Loly Buján, que fixo que a súa afección fose a mais, ata o dia que os 17 anos dille a súa nai que quere estudar Arte Dramático, e tremendo  pola resposta desta.

“Te pega más”, foi a resposta de súa nai, e ata Madrid vaise, para comezar a súa carreira como actor. Non o cría, pois él dende pequeno o que quería ser era avogado.

Catro anos moi duros para facerse actor profesional. Hector  cre que despois de facer a carreira, onde tivo que loitar con 200 mais, a SORTE é o 80% desta profesión. O resto son a CONSTANCIA  e por último o TALENTO.

Rematado os estudos inscríbese xunto con 300 mais para a selección do elenco de actores do Centro Nacional de Arte Dramático, quedando na selección 25 e destes formaron parte solo 14. De aí a compañías privadas. Con Novembro teatro fai de Otelo este verán e ensaia nestes momentos para interpretar outra obra de Shakespeare  “El  Mercader de Venecia”, co director Eduardo Vasco.

A charla con Hector, faise moi fácil, aínda que él di que non é tanto, posto que non cala. Tendo a profesión que ten é o mais lóxico.

Loxicamente o meu intres chegado este momento e saber como chega a ser un dos actores secundarios, pero importantes da serie Isabel.

Case se pon colorado para contalo, posto que afirma contundentemente que el non sabe venderse, e que lle daba moito reparo irse ofrecer, e dende logo “ a casa non te ven buscar ninguén”

Armouse de valor e enviou o seu book e curriculum ó director de Casting, e envioulle un correo, o cal foi contestado en 20 minutos citando ós  tres días , días que votou estudando o persoaxe que tiña que interpretar, dende logo nada fácil, pois nada menos que o Rey era Esquizofrénico, tiña seis dedos en cada pe, co que andaba mal, tiña chepa e parálises en media parte do corpo.

Cando chegou o dia e o momento entro una proba, perfectamente identificado co persoaxe e en circunstancias, cousa que fixo que tan solo unhas horas quedara co papel na su aman.

Facendo este papel deulle a oportunidade de traballar con dous menstruos da escena, cal son Eusebio  Poncela e Fernando Guillén Cuervo entre outros.

Con todo isto pasaron mais de  dúas horas que pareceron 15 minutos.