Domingo 21.04.2019

Montse Lama Novoa, aspirante a alcaldía de Xinzo

Candidata ao Senado pola provincia de Ourense

Montse Lama Novoa
Montse Lama Novoa

No noso segundo café con aspirantes a gobernar o Concello de Xinzo, que sexan novos candidatos, tocounos tomar o café con Montse Lama, coñecida por todos pola súa faceta política, mais ou menos controvertida nos últimos anos, pero tal e como fixemos a semana pasada co outro contrincante, queremos coñecer a faceta humana do persoaxe.

Montse considérase a si mesma unha boa persoa, honrada, sensata, sincera e dispòsta en todo momento a axudar  aos seus amigos, veciños e ata os seus inimigos, se o necesitasen. Non soporta nin pode consentir as inxustícias. Nada envexosa e cunha imaxe percibida polos demáis que posiblemente sexa diferente a como é de verdade, posiblemente por culpa de persoas que quixeron transmitir unha imaxe  dela distorsionada, moi diferente a realidade, intencionadamente.

A figura que máis pegada lle deixou foi o seu avó.

IMG_20190324_164050Montse Lama nacida a finais do século pasado,   criouse  en Laroá. Pasaba vacacións e fins de semana en Laroá, viña a casa de meu avó, que xustamente morreu cando tiña 18 anos, e dende ese día pasa moitas horas visitandoio no cemiterio, sempre ou case sempre soa.  Era moi bo, todo o mundo o quería e apreciaba moito, transmitiume moito  que fose unha boa persoa e sobre todo entregada aos demais, cousa que me gusta e trato de facelo sempre que podo.
Con tan solo nomearlle a seu avó as bágoas asómanse aos ollos, cortándolle a vez a fala. Gústalle vir soa e estar observando dende o alto, tanto o pobo como as vistas que se poden observar de esta parte da Limia.

Posiblemente este dando una imaxe miña, que non ten nada que ver coa realidade de como son.
Penso que a moita xente lle de una imaxe de “pija”, e realmente son o contrario. Unha cousa é que me guste vestir ben e andar sempre en tacos. Se por iso a xente te cataloga como “pija”, pois que lle vou facer. Si me gusta vestir con tacóns e ir “arregada e elegante”, pero esa é a miña maneira de ser e por suposto que non a vou a cambiar. A xente que me coñece sabe que non son así.

RECORDOS DOS MEUS PROFESORES
De pequena en infantil foi a escola que había ao lado do Concello e despois ao que hoxe é Carlos Casares. Ten moi bos recordos da súa primeira mestra Dna. Ofelia e tamén de  Dna. Carmiña e Dna. Tina. Todos os profesores destacaban en min o de que intentaba axudar sempre aos meus compañeiros, xa dende o colexio, e sigo fancedo hoxe en día. Se coñece que foron  importantes na súa vida os profesores, posto que tendo os anos que ten sigue nomeandos co trato de Dona…, e iso é unha sinal de respeto e cariño cara a esas persoas,  que di moito e bo do personaxe.
GÚSTAME QUE A XENTE QUE ME RODEA SEXA FELIZ, E SI PODO AXUDAR A QUE O CONSIGA, CONTA COMIGO.
Gústame ver a xente feliz, sobre todo aos meus veciños e amigos, os cales contan coa miña colaboración para conseguir esa felicidade,  aínda que non mo pidan. Si sei que alguén que me rodea creo que necesita axuda, vou eu a ofrecerme, sobre todo si sei que se lle están a facer algunha inxustiza, alí vou directamente. Miña nai sóeme dicir que estou sempre meténdome en lios, sen que ninguén mo solicite, pero eu son así e estou orgullosa de ser desta maneira.

De Xinzo marcha a estudar a Ourense ao colexio dos Maristas, unha etapa moi bonita da cal manteño relacións con moitos compañeiros e compañeiras. Votábamos, meus irmáns e mais eu en Ourense de luns a xoves,  e o venres xa voltábamos a Xinzo, polo que nunca perdín a relación con Xinzo. A aldea dame paz.

Fun unha rapaza bastante aplicada e responsable.

Non tiña moi claro o que ía estudar e decidinme por Marqueting  e Relacións Públicas, cando naquela época aínda era unha carreira en lanzamento, e non se sabía moito o futuro da mesma. Antes de rematar e ante a posibilidade de facer dobre carreira matriculeime en periodismo e en menos de 6 anos fixen as dúas licenciaturas.

SEIS MESES EN MADRID CHEGÁRONME

Primeiro decidín quedarme a traballar en Madrid, pero aos seis meses deixeino para trasladarme a esta terra, que era o que me tiraba. Traballei en varios sitios, incluído dependenta en Inditex, o cal me encantaba e que non dubidaría nada en voltar.

A CHAMADA DA POLÍTICA

Despois desa etapa, viñeron chamarme a porta para ofrecerme entrar en política, decisión que tardei un chisco en tomar, porque con 26 anos non era moi sinxelo  tomala. A esta idade unha decisión deste tipo fai que a túa vida a partir dese momento de un xiro importante.

OITO ANOS DE COUSAS BOAS, PERO TEMEN DE MOMENTOS E ACONTECEMENTOS NEGATIVOS , E QUE SON DIFÍCILES DE ESQUECER
IMG-20190324-WA0000Aínda que hai momentos e acontecementos  positivos, deles, case non fala, pero si fai fincapé nos que para ela foron totalmente negativos. “Eu atopeime con xente que por desgraza non me fixo a vida fácil. Cada un ten , e narra os acontecementos a súa maneira. Eu persoalmente considérome unha persoa honesta e que digo as cousas a cara. Isto é algo máis que evidente, e penso que a xente o viu e o está vendo. Eu vou a ir coa verdade por diante, me favoreza ou me dane.

Eu penso que o tempo, no meu caso, me está dando a razón, e tamén son das persoas que opinan o tempo pon a cada un no seu sitio. Poden pasar tres , seis meses, anos, ou noutra vida, pero iso é irremediable.

Eu considérome que estou nesta vida para facer o ben, non me gusta facerlle  mal a ninguén, nin tan sequera ás  persoas  que se portaron mal, moi mal comigo.

No ámbito persoal teño dous acontecementos  importantísimos cunha valoración infinita, o meu casamento e o nacemento do meu fillo, pero politicamente houbo momentos moi difíciles persoais e ata de saúde que estiveron a punto de facerme abandonar todo. No momento no que o teu traballo está a prexudicar a túa saúde, comezas a pensar se compensa o traballo que fai que a túa saúde se dane.

O positivo destas situación negativas conseguiron  que eu me fixera mais forte e moito máis valente, precisamente isto foi o  que me axudou a dar o paso que finalmente din.

Como definirías  a túa experiencia como empresaria nas tendas de moda?

A situación do pequeno comercio está moi difícil, case imposible de manter os custes. Tendo que pagar un alugueiro e ter persoal hoxe en día, e xa na miña época é practicamente inviable. Grazas as situacións vividas daste conta de que tes que aprender dos erros, porque por moito que che digan do que tes que facer, un pensa que cos coñecementos que tes do sector podes seguir e ao final, como das experiencias negativas da política, tes que aprender e tratar de non volver a cometelas. Aprendes a ver as cousas dende outras perspectivas. Aprendes tamén a analizar os feitos que che acontecen con outros parámetros que fan que analices….

Faste moito máis forte, pero eu sigo confiando na xente. Calquera persoa que me de unha boa palabra ou un bo xesto, vai a ter a miña confianza, e por suposto non son nada rancorosa. Non irei a por ninguén que me fixera dano, polo feito de devolverllo.

Non soporto a xente envexosa, a min non ten nada que envexarme e eu tampouco envicio a ninguén.

Eu coa xente que se portou realmente mal comigo durante estes anos, que teña a completa seguridade que eu xamais lle desexarei nada malo para eles. Esta e unha das cousas que fan que cada noite eu durma coa conciencia moi tranquila. Eu a esa xente que quixo transmitir de min unha imaxe de feitos que non foron realmente desa maneira, para deixarme mal, so lles desexo que lles vaia ben na vida  . Tamén teño que dicir que cando me refiro a esas persoas, realmente estou a falar de tres  concretas, non un cento loxicamente.

Para poñer o punto e final a esta charla de café, sen café, pois foi feita no sitio preferido, como dixo antes, a veira do camposanto de Laroá quixemos saber como é o día a día, nestes momentos de Montse.

IMG_20190324_165820A miña vida neste momento é de loucura. Antes estaba estruturada completamente. Agora  déitome moi tarde e levántome moi cedo. Déitome e levántome pensando nun obxectivo en un proxecto común, Proxecto, xunto cos meus meus compañeiros e membros do novo equipo de traballo que todos coñecedes dende fai un mes, para conseguir os obxectivos comúns para todos nos, e loxicamente para os veciños e veciñas de Xinzo e de Ourense.
Paso o día en reunións e percorrendo os concellos da provincia para conseguir eses obxectivos comúns que nos plantexamos
e dos que falaremos entón na seguinte entrevista que xa será totalmente política.
E para rematar confesa que todas as forzas para levar a cabo este “traxin” ao que non estaba acostumada venlle de toda a familia, tanto directa como “política”, neste caso por consorte, que me apoiou na decisión que tomei ao 100%, cuestión que nestes casos reconforta totalmente.

Montse Lama Novoa, aspirante a alcaldía de Xinzo