Dende a Limia
04:59 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Visitando a cripta de Juan Pablo II , tiven clara a miña vocación

| 10 de Junio de 2016 (21:33 h.)
Yerai Fariñas Calvo
Yerai Fariñas Calvo

En tan solo 6 meses o noso persoaxe de hoxe fixose un oco bastante profundo nos veciños e veciñas de Xinzo e os seus arrededores.

Chámase Yerai Fariñas Calvo, e cando o Bispo lle dixo que tiña que vir de Diácono para Xinzo, lóxicamente non lle dixo que non, pero craro, sendo de Maceda….

Vintesete anos, moi bo porte e un continuo sorriso, fixo que neste pouco tempo que leva en Xinzo, sexa un referente ,polo que é difícil tomar un café con el,  posto que cada 15 segundos é saudado efusivamente, sobre todo polos mozos e mozas.

VOCACIÓN TARDÍA

A súa foi unha vocación un pouco tardía xa que ata segundo de bacharelato non se trasladou ao Seminario Menor. Nun entroido decidiu cumprir un dos seus sonos, cal era, o de ir a Roma. Chegado ao Vaticano, antes de entrar na Basílica decidiu visitar a cripta dos Papas. Ante a de Juan Pablo II, do cal el é fervente seguidor, tanto da súa vida, como da súa filosofía, soupo que o seu futuro era adicarse de cheo a relixión católica.

Foi alí onde tivo claro que quería ser cura. O problema ía xurdir na data e a maneira de decirllo a familia, e sobre todo a súa nai. Tardou mais de tres meses en facelo, imaxinando perante todo este tempo o momento, a situación e as verbas a empregar.

CUSTOUME MOITO ENTENDER A FILOSOFÍA..

Con tan solo dous compañeiros máis fixo os 6 anos de estudos no Seminario Maior.Por un lado é moi fácil, posto que como non tes con quen perder o tempo, solo podes falar cos dous compañeiros ,ou co profesor. O tempo que podes perder é mínimo. Pero por outro lado tes que ter sorte de levarte ben cos compañeiros que tes, por que si non, imaxínate… Un dos tres que estábamos acabou marchándose do seminario para outro, e hoxe é cura castrense. Algunha vez suspendín a Filosofía, foi unha materia que se me resistiu bastante, pero o final foi e con bastante boa nota. Noutro ano  houbo un curso de tan solo 1 alumno.  A fútbol, solo podíamos xogar en medio campo, e aínda así sobrábanos campo.

O ANO DE PRACTICAS COMEZOU EN OURENSE

Antes de chegar a Xinzo, mandárano a unha parroquia de Ourense, a Inmaculada. Loxicamente non lle levei a contraria o Sr. Bispo, pero non me parecía unha parroquia apropiada par min. A min parecíame unha parroquia con pouca vida. Supoño que co tempo El tamén se foi dando conta e  no mes de setembro comunícame que me vai trasladar a recente creada UNIDADE DE ATENCIÓN PARROQUIAL  DE SOLVEIRA- XINZO.

O 1 de novembro trasládouse  a Xinzo as ordes de D.Tomas e D. Jaime. Nese momento abríronselle os ollos e agradeceu a decisión. Pasou dunha igrexa de 15 asistentes a unha de afluencia masiva. Outra das diferenzas é a de que aquí tamén hai un coro no que deseguida se enrolou ata ser o director.

A  XENTE DE XINZO ROMPEUME OS ESQUEMAS

yerai 2Tiña un pouco de medo pensando na acollida que lle ía a dar o pobo de Xinzo, sobre todo coa idea que el tiña de pequeno sobre os limiáns. Sendo un rapaz de Maceda, e fácil imaxinar o que pensába dos de Xinzo.

Dende logo todos aqueles arquetipos que tiña na cabeza, votáronselle abaixo. Todo aquelo que eu pensaba deime conta que era mentira, posto que a xente desta vila e de tódolos pobos da comarca son xente aberta e cariñosa. Non lle quita mérito, por suposto tendo en conta da man de quen está na parroquia.

Ruborízase un pouco cando se lle pregunta por unha definición sinxela dos seus “mestres” D.Tomas e D. Jaime., pero tarda pouco tempo en contestar. Tomás ten un coñecemento integro da persoa e de todas as persoas. Outra característica e a súa alegría e a súa bondade. características, estas últimas, que transmite ata na celebración das misas.

O que máis destacaría de D. Jaime e por un lado a súa tranquilidade, que nesta nosa “profesión” é moi importante, e a esta faceta temen se une o de que el sempre di que “as cousas hai que facelas ben, pero con xeito”. Os dous compleméntanse perfectamente. Para min, sen desprezar a outros, por suposto, son os mellores que mo podían tocar como formadores nesta etapa.

SOLO DOUS DIAS PARA SER CURA

Cando esta entrevista saia publicada, faltarán 48 horas para que o diácono Yerai pase a ser Presbítero das mans do bispo de Ourense, xunto con dous compañeiros máis. “Este ano a verdade é que o Sr. Bispo pode estar contento, posto que é un ano de moita colleita.

Unha semana despois o 18 de Xuño no Santuario dos Milagros, na súa terra natal Maceda dirá a súa primeira misa as 12 horas.

Seu avó, dende pequeno, levábao ós domingos a misa pola mañá e de visita polas tardes, tódolos domingos. Precisamente por iso a súa primeira misa será dentro de 8 días alí nese fermoso santuario. A seu avó débelle un % elevado na súa fe.