Dende a Limia
19:38 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

As nais

| 06 de Septiembre de 2017 (22:27 h.)

Co paso dos anos chega ás nosas vidas a costume de celebrar o "día de...", e dicir, antes penso que co do pai e o da nai (e o dos namorados certo..), xa era de abondo; agora existe tamén o día dos avós, o dos netos, o do bico!, ese si que mola verdade?...Non sei se é por negocio, polo marketing dalgunha mente privilexiada, pero sen irme mais polas ramas, hoxe miñas verbas, un sábado calquera de setembro, van para as nais, (naiciñas, nais).

Pregnant woman caressing her belly over gray backgroundFormo parte do gremio non fai moito tempo, pero o suficiente para chegar á cama esnaquizada e caer cal raio fulminando o colchón, (unha vez quedei durmida no chan, teño testemuñas). Recoñezo que ter o meu neno é o mellor que me ten pasado na vida, e que calquera cousa que veña da súa inocencia, da súa dozura ou do seu sorriso pode salvar os días mais tormentosos. Pero a realidade que non nos atrevemos a dicir, é que ás veces, rematamos nós, onde empezan eles, no momento no que se debuxan dúas liñas no aparatiño ese: adeus muller, benvida nai. Aí pum! Maxia potaxia, se antes pensabas que sabías o que era estar preocupada agora xa o sabes de verdade. Un secreto: inda hoxe polas noites lle toco no peito para ver se respira, sobre todo se xa tiña que estar chamando saltando polo berce…

É unha tolería, é unha noria, é un “ámote e dou a vida por ti”, e é un “creo yo que necesito un poco de espacio”, vamos, curtocircuíto neuronal en toda regra, acrecentado por: gluten agora, bueno non, leite de vaca, non tampouco, yogourt ós poucos meses, veleno!!!

Quieta parada leñe, non fai tanto cando íamos á terra dos pementos a miña avoa traía a leite recen muxida, as caras eran raras si, pero non lle tusía nin diola, almorzo para dentro e a darlle o día para adiante.

(Está ben iso dos avances no glute, na leite e demais, moitos nenos evitan enfermidades por diagnosticalas a tempo, o que pasa que – cousas miñas eh - penso que o avance tamén é tridimensional nas nosas preocupacións).

Cando me abafo, penso como facían esas mulleres de antes, con catro ou cinco, ou tres, (da igual), sentados arredor da mesa; as noites que pasarían. O outro día un colega de choio dicíame que bueno, “non traballaban coma nos”, eu non dixen nada porque non era o momento, pero recordei a veciña do terceiro que me conta moitas veces como levaba o neno enganchado o peito a vixiar o rabaño de ovellas. Tamén sei de boa fe coma outras partían o lombo na horta.

Ollo que non quero ofender a ninguén, e moito menos ós pais, que tamén están aí o pé do canón, pero a eles xa se agasallará con verbas outro día.

Nais, naiciñas, nais, todas facendo o mellor polo que levaron no ventre, dando o peito, o biberón, traballando, sen poder traballar, etc; Loitemos polos dereitos de todas e non nos xulguemos.

Grazas a todas por regalar latidos o mundo.

Diana Budiño Calvo