Dende a Limia
00:47 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Continuación das partidas

| 01 de Octubre de 2017 (10:16 h.)

manos negrasOs lectores veteranos recordaran unha serie de artigos referidos ás partidas de póker imaxinarias  entre o alcalde de Xinzo e o líder da CIGA na comarca Anxo Torres.

Dende aquela xa choveu (co pouco que chove), xa nevou, e xa chegou a temperatura a niveis preocupantes, como pode ser a  desta semana na que a partida trasladase  ós xulgados de Ourense.

Ata aquí a festa ía por barrios, como se soe dicir. Agora a  viaxe entra na súa recta final,coa primeira estación esta semana que comeza. Claro está que dependendo da sentenza a cousa ou remata definitivamente ou pasa a instancias maiores e serán outros os que decidan , non quen ten a razón, se non quen ten o dereito.

O gran Castelao nun dos seus debuxos no que se vía a un home despois dun xuízo dicíndolle a outra parte: “Vostede ten moito dereito, pero eu teño razón”. Tamén xe  atribúen aos  “xitanos” a frase de “Pleitos tengas y los ganes”.

Neste caso parece que a cousa está moi clara, pero o problema é que dependendo de con quen fales a cousa cambia de sentido.

Nunha larga conversa co alcalde Antonio Pérez, di estar  convencido ao 100% de que el non cometeu ningún delito “a sabendas”. En todo caso cometería unha falta administrativa, como ocorreu cos outros moitos alcaldes da provincia que fixeron o mesmo e todo quedou no contencioso administrativo. ¡Que casualidade que entre os 16 ou 17 casos iguais na provincia, solo el foi polo penal!

Está non solo convencido, continúa manifestando ,  se non tamén di  que conta coas  probas que así o van a demostrar , de que en ningún caso foi advertido polos funcionarios correspondentes de que os contratos estaban mal feitos , e por suposto outra vez “a sabiendas”, polo tanto está tranquilo, e sobre todo confiado en que agora a Xusticia sexa o que se espera dela, xusta con el.

LAS MANOS NEGRAS

Tamén está igualmente convencido de que en todo este proceso que o levou ata aquí, houbo unha ou mais maus negras que estiveron detrás, argallando para chegar ata este día e este lugar. Esta é unha teoría bastante plausibe, sobre todo despois de ler certos artigos nalgún  xornal no que o “periodista” dí cousas como .. “con lo que se le viene encima…”, parece que este escribidor ou escribiente xa coñecera  a sentenza antes de que se celebre  o xuizo.