viernes 20.09.2019

A Limia “perde poder” na nova Deputación Provincial

O Concello de Xinzo pasa de tres  a dous representantes

Na  nova Deputación Provincial que quedou constituída esta mañá en Ourense a Limia é unha das comarcas que máis poder perdeu si o miramos polo número de deputados que compoñen a mesma, de 5 pasa a 3.

deputados provinciais 2019

Quedan sen escano na nova configuración José A.Feijoo(alcalde de Baltar) e Ramiro Rodríguez do BNG.

O PP provincial castiga a Limia.

Se analizamos a situación por partidos,  vese claramente que nesta ocasión o PP provincial castiga a Limia pois pasou de ter TRES deputados provincias a quedarse solo con UN, representante neste caso da Limia Baixa na persoa de Plácido Álvarez, alcalde de Muíños, pero quedándose a CERO a representación da Limia alta onde antes tiña dous representantes e agora ningún.

MENOS REPRESENTACIÓN DO CONCELLO DE XINZO

Tamén o Concello de Xinzo conta con menos representación, neste caso quedou “solo” con dous representantes, nesta ocasión nas bancadas da oposición, posto que Móntse Lama, pasou das cadeiras do PP a Cidadáns, repetindo Elvira Lama, actual alcaldesa nas filas do PSdG-PSOE.

A Limia “perde poder” na nova Deputación Provincial