Dende a Limia
23:46 h. Martes, 19 de Junio de 2018

O ATRASO DE XINZO DE LIMIA

| 04 de Junio de 2018 (18:56 h.)

É evidente que o Concello de Xinzo de Limia está cada día mais en declive: perda de servizos, de postos de traballo, de poboación, etc.

           Foto aérea Xinzo Esta fraqueza do noso Concello ven orixinada por moitos factores pero con un só responsable o Partido Popular.

            O Partido Popular de Xinzo dende principio deste ano iniciou a súa campaña electoral de cara as eleccións municipais do 2019: día si e día tamén anuncian nos xornais as obras que van a facer de aquí a final de lexislatura, maio do 2019.

            Nos 40 anos que nos levan gobernando non tiveron a capacidade de facelas e agora en menos de un ano as van a facer? A resposta é clara: non. Como dixen antes é simple propaganda electoral e o seu lema é propaganda, propaganda e mais propaganda.

            Estas infraestruturas que son todas moi necesarias podían estar en funcionamento xa foi moito tempo si o PP de Xinzo lles preocupase algo a melloría do Concello.

            Voume explicar.

Circunvalación a Xinzo:

            No ano 2006 un grupo de persoas, entre as que estaba o que isto escribe, fixemos unha campaña informativa da necesidade de crear unha circulación en Xinzo.

            Logrouse que esa solicitude fora recollida nos orzamentos do Estado Español do 2007 con unhas cantidades de 80.000 € para facer a rotonda da N-525 e A-52 e de 150.000 € para facer o estudo da circunvalación. A esta emenda votaron en contra o Partido Popular incluídas as representantes de Ourense e de Xinzo de Limia.

            Na campaña das eleccións municipais do 2015 o PP afirmou que esa circunvalación xa era unha realidade e que o próximo goberno municipal que entrase tiña unha gran obra que se ia iniciar inmediatamente. Xa estaba todo aprobado. Alguén viu que se fixera algo? A resposta é evidente: a día de hoxe nin está nada feito nin está nada aprobado con respecto a esta obra.

Auditorio

            A finais do ano 2008 o goberno do PSOE sacou o famoso “PLAN E”. Neste plan o Concello de Xinzo de Limia solicitou varias obras, entre elas a do Conservatorio de Música.

            Para a instalación de este edificio o grupo de goberno do Concello optou por instalalo nun espazo que moitas veciñas e veciños consideramos que non era o mais idóneo.

            Daquelas lle propuxemos o Goberno Municipal outros sitios para a súa instalación. Entre eles un solar que existe o final da Rúa Alexandre Bóveda e a do Toural.

            A nosa proposta ia mais aló de facer tan só un conservatorio senón que tamén se tiña que incluír un auditorio que era moi necesario xa da daquelas en Xinzo. E ese solar podía cumprir perfectamente con ese requisito. Tamén se lle indicou que se podía aproveitar a ocasión é facer un auditorio o aire libre no parque do Toural.

            Como sempre as autoridades gobernantes do PP non fixeron caso das nosas suxestións e fixeron un “local” que lle chaman Conservatorio.

            Unha magoa porque dende o 2010 poderíamos estar gozando de ese auditorio.

Regadíos

            É esta unha vella reivindicación do sector agro-gandeiro da nosa Comarca. É, dende logo, unha das infraestruturas mais necesarias para o nos futuro.

            No ano 2015, coincidindo coa reinauguración do Museo do Entroido o noso Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñéz Feijoo (do PP), prometeu a cantidade de 27.000.000 € para levar a cabo dita obra.

            Dende Xinzo Adiante presentamos unha emenda para que se incluirá esa partida nos orzamentos de ese ano. Este emenda, como non, foi rexeitada polo PP, incluída a representación de Xinzo de Limia.

            Nese ano 2017 orzamentouse unha cantidade de 1.559.000 € de fondos propios de libre disposición para financiar os proxectos e estudos necesarios. A día de hoxe ninguén sabe nada de isto.

            Mesmo algún parlamentario publicou que nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2018 se destinan 4.000.000 € de euros para esta obra.

            Na sesión plenaria do 23.10.2017 o pleno do Parlamento de Galicia acordou por unanimidade instarlle a Xunta de Galicia a que as obras do regadío se comezarán antes de xuño do 2018. Este mes xa chegou e as obras aínda non se iniciaron.

Residencia terceira idade.

            Nós, ano tras ano, vimos demandando, a través do Parlamento Galego, que se cree en Xinzo de Limia un “xeriátrico” público con capacidade mais que suficiente para dar cobertura a demanda existente na Comarca que, dada a idade poboacional, é cada día mais importante.      

            Sistematicamente o PP, incluída a representación de Xinzo, vota en contra de esta iniciativa.

            Como dixen o principio, esta deixada por parte do PP de Xinzo nos leva a unha perda de poboación moi importante (nestes momentos temos pouco mais de 9.800 persoas censadas) coa conseguinte minoración dos ingresos que o Estado nos ten que mandar. Pérdese unha cantidade superior ós 225.000 € anuais e que irá indo en aumento si isto non se remedia.

Interésalle o PP remedialo? Eu creo que non. Acórdanse cando quedamos con 9.999 persoas censadas? Que gobernaba daquelas? O PP.

            A cidadanía debe reflexionar de todo o que leva pasado en Xinzo e principalmente nos últimos anos. Por este camiño non vamos ben. Non é o bon camiño, polo que se deberían buscar outros que nos sacaran deste desidia na que o PP nos meteu.

Manuel Pérez Campos