miércoles 17.07.2019

SEMANA DE PAIXÓN E GLORIA POLÍTICA

Hoxe comezan os días que poderíamos denominar de máis semana santa que para os nosos políticos rematará o luns que chamaremos gloria.

casa concello noiteO luns ás 12 da noite remata o prazo para presentar as listas dos partidos para as elecciónS municipais.
No tocante ao concello de Xinzo, ó final, parece ser que solo serán 6 as candidaturas que se porán na raia de saída,( VOX parece ser que  non estará), para optar a colocar os seus peóns na consistorial.

Hoxe a media maña, Xinzo Adiante, xa entregou a súa lista ante a xunta electoral de Ourense. Neste momento non temos coñecemento da mesma, aínda que polos “mentideiros políticos” da vila non debería haber sobresaltos nin fichaxes éstrella.

En todas as demais formacións políticas están a dar os últimos toques e incorporacións. Tamén nos mesmos mentideiros se especula que tiveron  e están tendo dificultades para a súa configuración en case todas as formacións. 

No  PSdG-PSOE, aínda contando tamén con dificultades para encher os 16 ocos obrigatorios, parece ser que nos primeiros postos os cambios serán mínimos ou ningúns.

De Cidadáns solo temos coñecemento da cabeza de lista, Montse Lama, exconcelleira, e que nestes días está enfrascada na súa candidatura ao Senado polo seu partido. Tamén se coñece un dos integrantes da lista, avogado, e residente fora da vila, pero o único que sabemos por boca da candidata a alcaldía de que vamos a  quedar sorprendidos pola lista. Esta lista presentarase oficialmente o día 3 de maio, unha vez rematadas as xerais.

Do BNG pouco mais sabemos que o primeiro e a segunda. Os díxome díxome, dicían que non lle estaba sendo doado confeccionar toda a lista, como a case todos eles. A todos eles menos ao PP, que o seu problema, non son buscar persoas para encher unha lista, o seu problema  é a quen ten que deixar fora da lista a moitos, porque non hai sitio para todos.

No tocante a nova formación Áxil, enterarémonos da súa composición o sábado de “dolores”. Xa anunciaron os dous primeiros postos Amador e Moncho e do resto, segundo manifestou o propio Amador na presentación do nome da formación, estaban todos os que son, pero faltaba ordenalos.

Do partido no goberno neste momento o PPdG, solo se sabe o cabeza do cartel, Toni. Do resto da lista o secretismo e total. E polo que anunciou o candidato non se saberá ata as últimas horas do luns, antes de facer a entrega na xunta electoral. Como dixemos no encabezamento nestas listas son onde hai mais xente que postos de saída. Non esquecer que nesta lexislatura Xinzo Baixa de 17 a 13 concelleiros. Nos mentideiros dáse por feito que Luís Miguel é un dos fixos e do resto son todo especulacións, aínda que parece ser que nos postos de saída os cambios non serán moitos. Aquí nesta lista si que a semana santa non rematará co domingo de gloria, se non que o propio luns aínda será de “paixón”, que para os que pretenden ir meses postos de saída e queden fora, seguirá a paixón algunha tempada máis. Ah, dendealimia.com aposta pola incorporación  dunha muller, nos seis primeiros postos,  en representación dos traballadores e traballadoras autónomos, moi implicada na vida política e comercial da nosa vila.