Dende a Limia
18:25 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

Un soneto a Xinzo do ano 1929

| 26 de Septiembre de 2018 (19:50 h.)

Teño que dicir que descoñecía quen foi unha muller de nome Elisa Nieto de Romero. Si sei que o apelido Nieto é de moito arraigo na miña vila, o mesmo que o segundo, o cal supoño que o tomou do seu marido. Para enterarme consultei co meu bo amigo Miro Cerredelo ó que lle debo saber que era a dona de Manuel Romero Romero, comerciante e recadador do concello de Xinzo. Deste matrimonio naceu Jesús Carlos Romero Nieto, que nos anos cincuenta sería alcalde da vila. Elisa Nieto finou no ano 1954.

Nun artigo recente, escribín aquí sobre o xornal El Compostelano. Volvo a el de novo, porque no número 2810, publicado un 29 de xullo do ano 1929, foi onde atopei o nome desta muller. Concretamente, como pé de sinatura dun fermoso soneto escrito en castelán e dedicado á nosa vila de Xinzo. Quizais este poema figure gardado nalgún cartafol ou nalgún caixón de vellas lembranzas de familia. Non o sei. Por iso, voume permitir a licenza de transcribilo aquí, tal como foi publicado nese antigo xornal.

Salve, noble solar de mis mayores;

de tu recuerdo ante el altar bendito,

puesta el alma de hinojos, te recito

la plegaria gentil de mis amores.

Llevo en el corazón, sol de tu cielo;

te guarda tan adentro el alma mía,

que para mí no hay dicha ni alegría

ausente del encanto de tu suelo...

Tu fuiste cuna de mi alma niña...

corrió mi juventud en tu campiña,

dulce añoranza que mi ser encierra.

Y es mi ilusión –ya ves si sé quererte;

descansar en el sueño de la muerte

bajo el sagrado manto de tu tierra.

O ano de 1929 foi o ano final da década do período que se chamou os felices vinte. Este fermoso poema dedicado á nosa vila, foi publicado xusto tres meses antes do crac da bolsa de Nova York, acontecido o martes 29 de outubro e que deu en chamarse o “martes negro”. A pouco que leamos crónicas daquela época, saberemos que naqueles días a situación non melloraba e que o peor chegaría pouco despois. Chamouse A Gran Depresión e durou case que dez anos.

 

Rafael Laso Lorenzo