Dende a Limia
03:43 h. Martes, 21 de Agosto de 2018

48 obras en 33 Concellos grazas os convenios da Deputación

| 13 de Junio de 2018 (13:44 h.)

A deputación demostrou onte no centro cultural Marcos Valcárcel "por que é a principal aliada dos concellos", en palabras do presidente da Deputación Manuel Baltar, que suscribiu os 48 convenios de colaboración repartidos entre os 33 concellos para acometer obras de melloras viarias, saneamento, alumado público, abastecemento, dotación de servizos e diferentes infraestructuras no rural ourensán, actuacións que suman un presusposto de algo máis de dous millóns de euros.

 

A cantidade está incluída no remanente de tesorería xenerado no pasado exercicio e que foi liberado mediante unha modificación presupostaria aprobada no pleno de abril, cuxa aplicación xa é firme o non haberse presentado alegacións durante a fa de exposición pública. Sen demora, Baltar decidiu promover a firma de convenios para axilizar os prazos dos proxectos, cuxos presupostos oscila entre os 18,000€ e os 48,000€.

Manuel Baltar durante a súa intervención no acto de sinatura dos convenios de Cooperación cos concellos

Baltar dixo que "isto é posible grazas á xestión económica deste goberno e a uns funcionarios que interpretan perfectamente as directrices políticas". O presidente da Deputacióin puxo tamén en valor o traballo dos alcaldes da provincia por a sua labor representando os veciños. Ademáis, inviounos a seguir transladando as súas peticións para os próximos plans de cooperación, anunciando que o presuposto de 2019 será aprobado o 28 de septembro, "pensando sempre en clave dos veciños", aclarou.