Dende a Limia
05:46 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

Comeza a 12º Edición do Outono Grastonómico en Turismo Rural

| 29 de Agosto de 2018 (11:12 h.)

Dende o 14 de setembro ao 16 de decembro do 2018, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 12º OUTONO GASTRONÓMICO, patrocinado por Turismo de Galicia. Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasións.

Está deseñada para dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo a oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización. Este ano participan un total de 86 establecementos de turismo rural en toda Galicia, sendo 19 os pertencentes á provincia de Ourense, con ofertas que van dende os 30 ata os 300 euros.

Ourense gastronómico OutonoNa provincia de Ourense hai 19 casas rurais participantes no programa, das cales varias atópanse na comarca da Limia: Casa Sabariz (Rairiz de Veiga), Casa Rousia (Baltar), a Rectoral de Candás (Rairiz de Veiga)..

Este ano tamén se porán a disposición do público guías informativas -nos idiomas galego e castelán-. Estas poderán atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de Turismo, nos campos de golf e noutros espazos públicos de Galicia. Ademais, tamén se distribuirán cartaces e dípticos para a divulgación do evento.

SORTEOS PROMOCIONAIS,  E MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB

Como novidade incluíuse este autobús promocional no que tamén se sortearán 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas. Para iso, quen estea interesado deberá facerse unha foto co bus do 12º Outono Gastronómico e subila ao Facebook de Turismo de Galicia. 

Na web www.turismo.gal está dispoñible un banner específico sobre a campaña que dirixe á web oficial do 12º Outono Gastronómico en Turismo Rural (http://www.outonogastronomico2018.com), na que os usuarios poden atopar todos os establecementos participantes xunto cos menús exclusivos de cada un.