Dende a Limia
22:58 h. Miércoles, 29 de Marzo de 2017

Crece a preocupación na Limia pola posible extensión da couza guatemalteca

O. Ferreiro | 11 de Febrero de 2017 (18:29 h.)
Imaxe dunha pataca infectada pola couza guatemalteca.
Imaxe dunha pataca infectada pola couza guatemalteca.

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia vén de convocar aos pataqueiros a unha reunión que se terá que celebrar antes de dúas semanas. A inquietude dos produtores limiáns pola posible extensión da praga da polilla guatemalteca –que xa está afectando ás zonas da Mariña Lucense e á comarca de Ferrolterra– resultou ser un dos principais desencadenantes desta convocatoria.

A intención do Consello Regulador, que ten sede en Xinzo de Limia, é a de tranquilizar e informar aos labregos sobre o problema, de maneira detallada. O director técnico da institución, Luis Saa, quixo remarcar a importancia de que non se xere unha forte alarma inxustificada na zona da Limia.

Julio Gómez, presidente da Indicación Xeográfica Protexida, solicita que se controle o transporte destes tubérculos entre as principais zonas produtoras da xeografía galega, co fin de evitar posibles contaxios ou extensión da praga. 

patacas

Dende a Xunta recomendan non plantar patacas nas zonas afectadas, decisión que apoian dende a Indicación Xeográfica Protexida.

O Ministerio de Agricultura aprobará nas vindeiras semanas un decreto para loitar contra esta praga, e que previsiblemente contemplará a prohibición de cultivar patacas nas áreas contaminadas. Mentres tanto, o organismo gubernamental, vçen de publicar unha serie de recomendacións de cara a frear unha maior expansión da tamén chamada couza guatemalteca.

ORIXE CANARIA?

Unha das moitas hipóteses que se manexan dende os órganos da Consellería e máis do Ministerio sobre a introdución desta praga en Galicia, é a posible entrada de pataca procedente de Canarias, de maneira irregular.

Neste senso, e segundo recolle o diario La Región, fontes do Ministerio explican que "cabe a posibilidade de que algún particular trouxera unha pequena cantidade de patacas á comunidade de maneira irregular para consumo propio".

Logo de ano e medio dende que se detctou a presenza da couza en Galicia por vez primeira, a praga xa afecta a un total de 31 municipios galegos. Os produtores da Limia temen que se poida extender ao sur do país nun dos momentos de máis bonanza para o tubérculo limián.