Dende a Limia
23:43 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Unha fin de semana chea de actividades en Lobios

| 09 de Agosto de 2018 (20:10 h.)

Esta fin de semana Lobios está ateigado de actividades e festa. Comeza o sábado 11 de agosto co VI Aniversario do Pub  Lusitano, que contará cos DJ’s Joao Dias, Eros, Marcos Areas e Richard. Ademáis, contan con un convidado como é Yon Cid e o seu coche de competición. 

O domingo día 12 haberá a Feira Mensual de Lobios, e ás 19:00h no Edificio Multiusos haberá unha actuación do Mago Albert.

Finalmente, o luns 13 de agosto haberá música e festa todo o día, dende ás 11:00h coa Festa Infantil na Praza Roxa, ata ás 21:30h que comezará a festa e verbena amenizadas pola Orquestra Costa Dorada. Pola tarde haberá unha alborada ás 19:30h pola Travesía de Lobios coa Banda de Músicos de Lobios e ás 20:00h o concerto coa Banda de Música de Lobios no Parque Infantil.