Viernes 22.02.2019

Luces e sons de Aquis

No Centro de Interpretación Aquae Querquennae en Bande, na Vía Nova (Porto Quintela)

Este venres 10 de agosto, farase no Centro de Interpretación Aquae Querquennae en Bande, na Vía Nova (Porto Quintela) o evento Luces e Sons de Aquis, que comezará ás 17h co Obradoiro Familiar na Porta do Xurés en Bande, para coñecer a reserva da Biosfera e que durará ata ás 20h. Estes obradoiros están incluídos nun programa que engloba todos os concellos inscritos na rede de Portas do Xurés (Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños) para dar información e facer de “entrada” para os visitantes ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Ás 21:30h comezará a actuación musical de Ad Heyra Liti, e finalmente ás 23:00h farase a observación astronómica dende o xacemento romano Aquis Querquennis