Dende a Limia
22:00 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O Mercado Xurés e Aquis Querquennis

| 04 de Octubre de 2018 (12:33 h.)

Co gallo da recente declaración por parte da Xunta de Galicia de ben de interese cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, o campamento romano e mansión viaria de Aquis Querquennis, o Concello de Bande ven de organizar para o vindeiro domingo, día 7 de outubro, unha visita guiada gratuíta ao xacemento.

Este xacemento ten un indubidable valor histórico e arqueolóxico e, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, é o máis extensamente escavado, investigado, monumentalizado e posto en valor entre os do seu xénero, ademais de ser un dos únicos campamentos militares romanos permanentes coñecidos en Galicia, xunto co de Cidadela (Sobrado dos Monxes). As entradas para a visita guiada deste domingo ás 12:30h. serán entregadas gratuitamente no “Mercado Xurés” en Bande ata 30 minutos antes do evento.

Mercado Xurés está destinado á promoción e venda de produtos e servizos do territorio, pero tamén un complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Con novos produtos e horario (de 10h. a 15h.) abrirá de novo as súas portas este primeiro domingo de mes.

Para máis información, chamar ó 988 444 401