Dende a Limia
16:41 h. Domingo, 19 de Agosto de 2018

16 de 20 podios posibles

| 28 de Mayo de 2018 (21:32 h.)

No pavillón Municipal do Carballiño a hora da entrega das medallas o nome que mais veces sonou foi o das Escolas Deportivas Xinzo de Limia.

En todas as categorías , tanto individuais como por equipos tiveron ximnastas nos podios.

Por equipos destacou o equipo de iniciación que copou os tres postos. En prebenxamín subiron ao primeiro posto igual que en Infantil e en alevín  e benxamín foron segundas e terceiras respectivamente.

En individuais  ximnastas das categorías de benxamín e alevín foron 1º e 2º . En prebenxamín foron 2º e 3º así como na categoría de cadetes. En infantil unha ximnasta foi 3ª e na categoría de iniciación alzouse co 2º posto.

Isto mesmo, practicamente foron os mesmos podios que en Ribadavia, Xinzo e Barbadás. Recordar que estas ximnastas están dende fai anos adestradas por Sandra, estando asistida por Heidy.

Tamén nesta competición destacaron os ximnastas Carlos e Noa subiron os seus respetivos caixos como 2º e 3º en Infantil Masculino e Benxamín feminino respetivamente. na competición de Minitramp dirixidos por Nestor.

ÚNICO EQUIPO CON XIMNASTAS MASCULINOS

Edu en Benxamín e Manu en Alevíns son os únicos ximnastas que participaron en equipos, neste caso de Xinzo.

FIN DE SEMANA PRÓXIMO CAMPIONATO GALEGO

cats 

Para rematar a tempada, este domingo os conxuntos Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, participarán no Campionato Galego que se celebrará en Marín (Pontevedra).