Dende a Limia
02:57 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

Aberto o prazo de matrícula para o Campus de Tecnificación de futbol de Xinzo

| 21 de Mayo de 2018 (10:22 h.)

Do día 25 ao día 28 de xuño, de 10:00 a 13:30, e o 29 de xuño xornada mañá e tarde; celebrarase o V Campus de Tecnificación en Fútbol en Xinzo de Limia, organizado pola Concellería de Deportes, Educación e Xuventude e o club Escolas Deportivas Concello de Xinzo de Limia, coa colaboración da Fundación Celta.


A petición de información e as inscricións poderán realizarse no pavillón de deportes de Xinzo ata o día 14 de xuño. As prazas son limitadas.


As xornadas de luns a xoves terán un prezo de 40 Euros. O venres realizarase unha visita a Balaídos e adestramento na Madroa por 20 euros máis.


Haberá adestradores titulados, sorteos e picnic, roupa de adestramento incluída, adestramento específico para porteiros, xornada de mañá e tarde co R.C. Celta de Vigo e moitas máis sorpresas.


Este evento está dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil