Dende a Limia
19:27 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

Os Alevíns e os Benxamíns campións provinciais de fútbol sala

| 29 de Mayo de 2018 (20:31 h.)

Este fin de semana os equipos da A.D. A Limia  disputaron as finais de fútbol sala nas categorías de alevíns e benxamíns. Ata estas finais chegaron despois de haber participado nas distintas fases de deporte da Xunta dentro do programa XOGADE.

286

Na categoría alevín o partido da final foi contra o equipo de Tres cuñados do Barco, un dos mellores equipos da provincia, pero neste caso e despois dunha primeira parte moi igualada no que solo gañaban os da Limia por 1-0 remataron o partido cunha folgada diferenza de 4-0.

Despois tocoulle o a quenda aos rapaces  do equipo benxamín que se tiveron que enfrontar ao Sagrado Corazón de Celanova, onde o marcador ao final do encontro marcou un 6-2.

Os equipos da A.D. A Limia están formados por xogadores dos dous CEIP de Xinzo, Rosalía e Carlos Casares e o  Antonio Vázquez de  Rairiz de Veiga .

O deporte da Limia segue a colleitar  triunfos a nivel provincial e autonómico.