miércoles 23.10.2019

Antela 3-Melias 0

Segunda vitoria do conxunto de Xinzo nesta categoría esta tempada
Antela 2019/20
Antela 2019/20

Vitoria incontestable dos branquinegros. Na primeira parte anularon totalmente ó Melias. Primeiro Yago Armada e despois Rivero levaron o 2-0 ó marcador. Na segunda o Melias adiantou liñas pero entre a defensa e Andrés González impediron que se axústase o resultado. Cara o final Rivero levantou á bancada cun golazo pola escuadra. A solidariedade e as axudas foron chave para dobregar ós verdibrancos. Con este resultado o Antela colócase a un punto do liderato. Á saída do estadio os afeccionados  mostrábase ilusionados pola tempada que se presenta. Debutaron Bass e Modou