Dende a Limia
00:05 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

ANTELA FC 1 CD VALADARES 0

| 05 de Noviembre de 2018 (21:45 h.)

Por fin chegou a primeira vitoria branquinegra. Chegou cando menos se prevía. Sete baixas, cinco xuvenís na convocatoria, xogadores entre algodóns, rival cunha dinámica ascendente.... Pero o fútbol é así.

Comezaba o encontro con dúas ocasións para Fali e Carlos. Era a antesala da xogada que determinou o partido. Fali intérnase na área e é derrubado polo porteiro vigués. Penalti e expulsión. Gol de Carlos.

Na segunda e malia xogar cun menos os laranxas apertaron e tiveron varias opcións de empate. Todas elas salvadas por un crecido Julián que levantou ó gradaría nunha parada antolóxica dun  libre directo

Os últimos intres foron de nervios e temor que remataron no 96 co pitido final. Alegría branquinegra e comuñón perfecta entre xogadores e afección. 294 persoas acudiron ó Generali a animar ós valentes pataqueiros a pesar da friaxe e a choiva. A vindeira semana toca render visita os amigos do Bande no #DerbidoLimia. Non cabe dúbida que a afección volverá responder.