Lunes 27.05.2019
O ANTELA SAIU DO ÚLTIMO POSTO DA TABOA CLASIFICATORIA

ANTELA FC 3 MARCÓN ATL. 0

CÓMODA E CONTUNDENTE VITORIA

IMG-20181203-WA0015
IMG-20181203-WA0015

Segundo triunfo dos branquinegros con Joni como protagonista. Comezou o partido con pouca intensidade por parte de ambas escadras. Sen ocasións para ningún. Ata o m. 33 houbo que esperar para ver o primeiro. Pase picado de Enio que Joni aproveita para marcar de vaselina. Descanso.

Na segunda a superioridade branquinegra foi a máis e nas contras sentenciamos. Carlos asiste a Joni no 66 e o fenomenal dianteiro non perdoa. A guinda chegou co terceiro e consecuente hat trick. Joni recolle un balón longo e marca un golazo ó pau longo para delirio da bancada. Do Marcón non se soubo nada en todo o partido. A defensa foi infranqueable. Seguimos medrando e xa non somos o pechacancelas. 466 persoas no Generali. O xoves rumbo a Bueu.