Dende a Limia
00:08 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

O Antela con moitas baixas plantoulle cara a un dos favoritos

| 29 de Octubre de 2018 (21:21 h.)
Antela tempada 18-19
Antela tempada 18-19

Ata 7 baixas presentaba Moisés Pereiro. Álex, Brais, Quique, Joni, Pablo Forri, Rivero, Quintairos... 5 xuvenís na convocatoria.... E aínda así o equipo competiu ante o rival máis forte da categoría.

Comezou o partido cun Antela moi metido. Ós dez minutos Carlos foise pola banda, recortou e mandou a pelota á escuadra porriñesa. Pouco despois Fali aproveitou a desatención dos visitantes e puxo o 2-0. Nada novo no Generali. Fomos ó descanso con vantaxe.

Na segunda a calidade dos pontevedreses saíu a relucir e Julián tivo que gañarse o soldo. No 75 e no 87 Uru e Wadir demostraron a súa anunciada destreza e equilibraron o taboleiro.

A afección, na súa liña. 324 branquinegros desafiaron os 7° graos e marcharon para a casa coa sensación de sempre. Este equipo merece máis puntos