jueves 14.11.2019

O Antela perdeu na “bombonera”

Sta. Teresita 4-0 Antela

O Antela perdeu na “bombonera”

Os erros defensivos retratan ó Antela. Comezou o partido con dous goles. Un para cada equipo. Primeiro o 0-1 de Pedro Castro e logo o 1-1 dos locais.

Despois viñeron momentos de dominio branquinegro con varias ocasións. Unha delas foi transformada en gol por Rivero tras unha gran xogada colectiva. Antes Breixo tivo que deixar o encontro logo dun golpe na testa que o obrigou a ir ó hospital para que lle desen puntos. Puntos que perdeu o equipo na segunda parte. Erros defensivos, faltas innecesarias e regates inxenuos que propiciaron que caesen os goles dos capitalinos. Ó final 4-2. O mellor, coma sempre foi a afección. Máis de medio centenar de antelistas foron animar ó equipo

Comentarios