Dende a Limia
05:46 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

Os xiareiros do Antela quedaron con mal sabor de boca

| 10 de Septiembre de 2018 (19:04 h.)
Aspecto das gradas na tarde do domingo
Aspecto das gradas na tarde do domingo

O partido comezaba co Antela moi enchufado e cunha ocasión clarísima de Xoel. Os visitantes dispuxeron sobre o campo un sistema moi repregado e os locais dominaban. Preto do descanso Carlos e de novo Xoel tiveron dúas ocasións  para inaugurar o taboleiro.

IMG-20180910-WA0003

Na segunda igualáronse as forzas e Julián tivo que intervir en dúas ocasións para evitar o gol do equipo do Salnés. Joni dende a frontal e Fali nunha falta tiveron senllas oportunidades. O marcador non se moveu.

Van tres partidos e os branquinegros seguen competindo coma leóns. Dous puntos na táboa que ben poderían ser máis. 447 persoas hoxe na Moreira agradecendo o esforzo dos valentes pataqueiros. Orgullosos dos nosos xogadores!