Dende a Limia
04:58 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O Antela superou os 500 socios

| 06 de Septiembre de 2018 (22:34 h.)
Antela tempada 2018/19
Antela tempada 2018/19

O próximo obxectivo é chegar aos 700

A directiva do Antela está a traballar “duramente” para conseguir bater o recrd de socios dos últimos anos.  

Facerse socio tan solo custa 30 €, co cal terá dereito a asistir a todos os partido da Moreira, incluidos os da copa Deputación.

A xunta directiva, tamén está a facer esforzos para que aumente o número de empresas que axuden a manter o equipo nesta nova categoría do futbol rexional. Así mesmo estase a levar unha campaña nas redes sociais agasallando a cada novo followers cunha camisola

 

SATISFACCIÓN POLA ASISTENCIA DE SIAREIROS

No último partido celebrado na Moreira asistiron 418 siareiros que fixeron que as gradas do campo tiveran o colorido e ánimo de tempos pasados, xa esquecidos no campo do Antela.

Este domingo o partido será as seis  da tarde e o Antela enfrontarase o Vilalonga. Os compoñentes da directiva e os compoñentes do equipo esperan que veñan máis afeccionados ó campo.