Martes 18.06.2019

Arrinca a tempada no Hipódromo de Antela

O día 14 a partir das 11:30 dispútanse catro carreiras

O trote enganchado será a primeira das carreiras ás 11:30 sobre unha distancia de 1700 m “Premio Ourense Termal”. Ás 12:10  é a quenda para o galope coa disputa do “Premio Torre de Sandias” sobre 1200 metros reservado a Pura Sangre Ínguas.

 As 12:50  é a hora para o III GRAN PREMIO DE OURENSE de Trote Enganchado cunha distancia de 2300 m. Para rematar a Xornada ás 13:30  dispútase o “Premio Lach Corcel”, reservado a cabalos de Pura Raza Árabe nunha distancia de 1200 m.

Iníciase con esta primeira xornada a tempada de carreiras 2019 nas modalidades de velocidade-galope e trote enganchado. A próxima xornada será o día 17 de maio coa disputa do Premio dás Letras Galegas. Para seguir coas xornadas do día 16 de Xuño, 21 de Xullo ,12 de Outubro e 10 de novembro.