Dende a Limia
01:35 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

A Baixa Limia acolle a iniciativa deportiva e natural "Xurés experiences"

O. Ferreiro | 04 de Junio de 2017 (20:26 h.)
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou a iniciativa.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou a iniciativa.

A Deputación de Ourense, como entidade colaboradora, acolleu a presentación do evento deportivo Xurés experiences, que ao longo de sete meses proporá toda unha serie de actividades deportivas para todos os gustos nun marco incomparable como a Baixa Limia.

Finalizará en outubro co prato forte, a proba de Gran Fondo do Xurés.

As actividades –até un total de 14 en 7 meses– discorrerán polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Muiños e Lobios e xa comezaron no pasado mes de abril. A última parada foi hoxe, 4 de xuño, cunha andaina en Muiños e así se irán sucedendo actividades ata finalizar en outubro co prato forte, a proba de Gran Fondo do Xurés.