Dende a Limia
05:32 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

Baloncesto de minis no pavillón de Xinzo

| 03 de Mayo de 2018 (19:22 h.)

A Federación Galega de Baloncesto un ano mais escolleu Xinzo para celebrar o dia do “Babybasket”. Xunto coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo o club Asociación Baloncesto Xinzo e coa axuda de firmas colaboradoras os mais de 140 xogadores e xogadoras  de minibasquet divertiranse competindo para rematar cun fin de festa de xogos e comida.

Os clubes participantes pertencen a  Allariz, Barco, Bball, Bosco, Carmelitas, Deporlima, Maside, Verín e Xinzo.Todos os participantes teñen 7 e 8 anos.

Como en anos pasados a hostalaría de Xinzo será na que mais repercuta a presenza de todos os acompañantes dos rapaces e rapazas.