Martes 18.06.2019

O Bande lévase os tres puntos do campo do Antela

Nun derbi de alta intensidade que gañou o equipo visitante pola mínima

Antela 2018/19
Antela 2018/19

Comezou mellor o equipo branquinegro cunha ocasión moi clara de Xoel Crespo. Logo, os banduenses foron impoñendo o seu fútbol cunha presión alta. Froito desa presión, Enio perdeu o balón e tivo que facer falta. Segundo amarelo e expulsión. Ás beiras do descanso penalti moi protestado pola bancada que transforma Sebas. Foi o único tanto do partido.

Tralo intervalo o Bande controlou o partido e mesmo puido marcar un segundo tanto cun balón ó longueiro.

Coma case todos os derbis; moitas tarxetas, tensión entre afeccións, pouco fútbol e marcador axustado.

Respira o Bande que aínda soña coa permanencia, agoniza o Antela que pode certificar o descenso matemático a vindeira semana en Cambados.

IMG-20190407-WA0057