Dende a Limia
23:44 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Bo tempo no arranque do Torneo de tenis de Xinzo 2018

| 02 de Agosto de 2018 (16:42 h.)

Despois dos problemas técnicos que non permitiron comezar o tradicional torneo de tenis das festas de Xinzo, o pasado 28 de xullo comezou o torneo que se prevee que remate cara a última semana de agosto. O torneo conta con dúas categorías, senior e infantil, nas que compiten 21 e 9 participantes individuais respectivamente, e a categoría de parellas senior que conta con catorce parellas de participantes.

A competición comezou a fin de semana para os senior, e o luns comezaron os infantís. Os partidos levanse a cabo, sempre que o tempo o permita (e de momento está permitindo), en horarios pactados entre os tenistas nas pistas das piscinas exteriores de Xinzo. Alí, haberá un panel informativo cos emparellamentos e horarios, así como co calendario de enfrontamentos segundo avance a competición.