Dende a Limia
12:02 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

O campo de fútbol José A. Carrera terá gradas en setembro

| 26 de Julio de 2017 (22:51 h.)

Neste mes de Xullo comezaron as obras para que o campo de fútbol de herba artificial José A. Carrera da vila de Xinzo conte con gradas cubertas.

A primeira fase das obras a piques de rematar será a estrutura fixa  par as gradas e a cuberta.

Unha vez rematada esta fase colocaranse unhas gradas móbiles que durante todo o tempo de competicións estarán no propio campo e dependendo de algunha necesidade específica, comenta o concelleiro Luís M. Gil, poderíanse desprazar a calquera sitio que fixeran falta para a celebración de outro evento.

BESTIARIOS E CAFETERÍA

336A estrutura fixa queda preparada para que no dia de mañá se poida instalar unha cafetería, así como outros vestiarios, de facer falta.

A obra espérase que este rematada ao longo do mes de setembro. Recorda o concelleiro que a inversión de mais de  cen mil euros é unha achega total da Deputación Provincial.