Dende a Limia
04:58 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Carolina Rodríguez, ximnasta olímpica, nomeada Madriña Honorífica da Escola de Ximnasia de Xinzo

O. Ferreiro | 19 de Diciembre de 2017 (23:52 h.)
Carolina Rodríguez recibindo a placa conmemorativa de mans do concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil.
Carolina Rodríguez recibindo a placa conmemorativa de mans do concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil.

Esta fin de semana pasada, como xa viñamos anunciando, visitou Xinzo de Limia a ximnasta finalista olímpica –de orixe leonés– Carolina Rodríguez. Dende a mañá do venres ata o domingo foi a protagonista de diferentes eventos organizados polo C. E. D. C. Xinzo e a Concellería de Deportes. Carolina Rodríguez, ademáis de finalista olímpica, tamén foi varias veces campiona de España.

O sábado 16, Carolina Rodríguez impartiu master-class de ximnasia.

Tras pasar polos diferentes centro educaticos da comarca da Limia para compartir a súa experiencia cos estudantes, foi recibida pola corporación do Concello de Xinzo de Limia na casa consistorial da vila.

A placa conmemorativa do seu nomeamento como Madriña Honorífica da Escola Municipal de Ximnasia de Xinzo de Limia foi entregada polo concelleiro de Deportes, Luis Migueñl Gil, ao remata da súa exhibición especial no IV Festival de Inverno celebrado no Pavillón Municipal.