Dende a Limia
01:33 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Comeza a nova tempada de carreiras no Hipódromo de Antela

O. Ferreiro | 30 de Marzo de 2017 (19:24 h.)
Saída dos caixóns no Hipódromo de Antela.
Saída dos caixóns no Hipódromo de Antela.

As carreiras de velocidade nas súas modalidades de GALOPE-TROTE ENGANCHADO-PACING son o gran atractivo diferenciado e multidisciplinar do Hipódromo de Antela, asentado entre dous concellos da Limia –Sandiás e Xinzo–. A Lagoa de Antela, coa súa pista plana de 1600 metros de corda, será o escenario das cinco "Xornadas de Galope" para cabalos estabulados en Galicia, reguladas pola Federación Hípica Galega e o Jockey Club Galicia.

SUBCAMPEON GALLEGO CARRERAS VELOCIDAD JENIFFER CREGO -PELAYO

GALOPE VELOCIDADE
A primeira xornada dará comezo o 2 de abril en horario matinal, e a partir de aí celebrásense os grandes premios nas "Xornadas Clásicas" do 17 de maio –Día das Letras Galegas– ,16 de xullo e 3 de setembro; para pechar ao máximo nivel de galope o 12 de outubro. Nestas xornadas disputásense as carreiras habituais de Pura Raza Árabe e Pura Sangue Inglés.

CAMPEON GALLEGO VELOCIDADE DANIEL  RIVAS-LA CAÑIZA.J.R.BARBAZAN

Ademáis, inclúense como novidade as carreiras reservadas a ponis, para iniciar aos máis pequenos neste apaixonante deporte en distancias curtas de menos de 400 metros.

Intercaladas entre carreira e carreira, podernase ver –o 17 de maio e o 12 de outubro– exhibicións de doma clásica e alta escola realizadas por Cabalos Pura Raza Galega, da Asociación Pura Raza do Cabalo Galego.


PASO RAPIDO E TROTE ENGANCHADO
A velocidade de paso rápido na súa modalidade de Pacing tamén terá un oco estelar nas pistas de Antela. Unha especialidade importada de Irlanda, Canadá e norte dos Estados Unidos. Por primeira vez en Galicia poderemos ver competicións oficiais de PACING.

Nin que dicir ten que o Trote Enganchado terá a súa máxima expresión grazas ao importante apoio de LLE TROT. Apostan definitivamente polo Hipódromo de Antela para organizar as únicas carreiras oficiais que se celebran na Península Ibérica, buscando unha expansión inmellorable para os Trotones Franceses. O patrocinio de Lle Trot supón un aumento na dotación de premios dun 200%. As xornadas de Trote e Paso Rápido PACING desenvolveranse os días 14 de maio, 25 de xuño, 25 de xullo, 15 de agosto, 10 de setembro e 15 de outubro.

Calendario  2017 Hipodromo de Antela


SPANISH AMATEUR CUP
O Hipódromo será tamén a sede do Concurso Morfolóxico e Funcional de cabalos Pura Raza Árabe os días 27 e 28 de maio, patrocinados pola ALFASSIMYA FARM. Con probas de western, clásica e hunter. Ademáis de trail e speed. Unha ocasión única para ver os mellores cabalos árabes actuais. Baixo a experta organización da Asociación de Cabalos Árabes de Galicia.


DOMA CLASICA
En colaboración coa FHG realizarase os días 7, 8 e 9 de abril, un novo curso para Xuíces Territoriais de Doma Clásica. Culminará a tempada coa organización da 5ª xornada da Liga Interclubs de Doma da zona surleste o 9 de outubro.


RAID
A resistencia do cabalo no seu máxima expresión o día 8 de xullo –con probas desde 40 km a 120 km–. Probas oficiais nacionais e internacionais da Real Federación Hípica Española e a Federacioón Hípica Galega.

calendario-2017-eventos