Dende a Limia
23:47 h. Viernes, 14 de Diciembre de 2018

Comeza a tempada 2018 no hipódromo de Antela

| 07 de Abril de 2018 (13:25 h.)

O próximo domingo día 8 de abril comeza a tempada de carreiras no Hipódromo de Antela. A partir das 11 h e  ata as 14 h .Disputaranse cinco competicións, dúas  delas serán de trote enganchado cunha distancia de 1700 m. A primeira celebrarase ás 11 h coa disputa do Premio Ourense. Na segunda, programada para as 13:40 h, competirase polo Premio Ourense Termal.

As probas de Galope comezarán ás 11:40 h coa disputa de Premio Ourense 1, reservado a cabalos e eguas de máis de tres anos de pura raza arabe.

Ás 12: 20 h disputarase o Premio Ourense 2 para cabalos e eguas de Pura Sangre Ínguas, de tres anos en diante e a distancia para percorrer serán 1000 m.

1 Km, terán que percorrer os cabalos árabes de máis de para facerse co trofeo  Premio Ourense 3 na terceira das carreiras do día.

NOVA XORNADA O 17 DE MAIO

Estas carreiras dan o pistoletazo de saída á Tempada 2018 de Turf no Hipódromo de Antela, un período de xornadas de carreiras cheas de intensidade deportiva que terán a súa próxima cita o día 17 de maio na proba Clásica do día Dás Letras Galegas. Ademais do Turf, no Hipódromo de Antela tamén se desenvolverán as probas da Spanish Amateur Cup e Raid no mes de xullo, as probas da liga Interclubs de doma clásica e a II Copa Deputación de Ourense de doma clásica.

Como complemento formativo, o día 14 de abril, a partir as 10 h, celebrarase unha charla-coloquio sobre a alimentación do cabalo de Raid e sobre o estudo dos regulamentos da tempada 2018.