Dende a Limia
21:32 h. Lunes, 20 de Agosto de 2018

Xinzo recoñecerá con Expediente de Honra ao ciclista Carlos Canal

O. Ferreiro | 23 de Enero de 2018 (20:43 h.)
Carlos Canal no centro da imaxe | Fotografía do Club Ciclista Maceda
Carlos Canal no centro da imaxe | Fotografía do Club Ciclista Maceda

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude vén de solicitar á Xunta de Goberno Local que tramite un recoñecemento público ao ciclista limián Carlos Canal polos seus éxitos deportivos. 

O mozo limián será previsiblemente recoñecido cun Expediente de Honra polo Concello de Xinzo de Limia,, previa aprobación do mesmo polo pleno do consistorio.

Carlos Canal vén de se proclamar campión de España de ciclocross en categoría "junior" tras dominar de principio a fin na proba disputada no embarradísimo circuíto da localidade guipuscoana de Legazpi. O deportista limián pertence ao Club Ciclista Maceda e este ano estará presente no campionato mundial da súa especialidade.