Dende a Limia
03:15 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Cruz Vermella organiza unha carreira de orientación en Xinzo

O. Ferreiro | 29 de Junio de 2017 (22:19 h.)

A Cruz Vermella de Xinzo de Limia, en colaboración coa A. D. Limiactiva, o Concello de Xinzo e Protección Civil, organiza unha "xornada de orientación a pé" polas rúas da vila de Xinzo. A actividade terá lugar o vindeiro día 7 de xullo.

Poderase realizar a inscripción en Centro Sport e na oficina de Cruz Vermella de Xinzo. 

O punto de partida será o Parque do Toural, ás 19:30 horas, para a recepción dos participantes e entregas de tarxetas de control. Xa ás 20:00 horas dará comezo a saída dos primeiros participantes, que terán que atopar as balizas polas rúas de Xinzo no menor tempo posible e poderán facelo de forma individual, en parella ou en grupos.

Esta é unha proba valedeira para o Circuito de Orientación Limiactiva 2017, na que poderán participar dende os 4 anos ata as categorías mais veteranas, tendo percorridos adaptados para todas as idades.

Poderase realizar a inscripción en Centro Sport e na oficina de Cruz Vermella de Xinzo. Todos os participantes terán un agasallo ademais de avituallamento á chegada a meta.